viernes, 13 de abril de 2012


O SISTEMA ENDÓCRINO E HORMONAL

Sistema endócrino:
     É un conxunto de órganos chamadas glándulas endócrinas que liberan hormonas ao torrente sanguíneo.

Hormona:
      Son sustancias químicas que regulan o crecemento, o desenvolvemento e as funcións de moitos texidos, e coordinan os procesos metabólicos do organismo.
      As hormonas actuan como mensaxeiras químicas e só exercen a súa acción sobre aquelas células que posúen os receptores específicos.

O hipotálamo:
       É o centro nervioso controlador de todas os secrecións endócrinas; este envía neurohormonas que estimulan a hipófise.

A hipófise ou glándula pituitaria:
      Está situada na base do cerebro, secreta varias hormonas que estimulan a función doutras glándulas endócrinas como a adrenocorticotropina (ACTH),  estimula a corteza suprarrenal, a hormona estimulante da glándula tiroides (TSH) ou a prolactina que influe na producción de leite nas glándulas mamarias.
         Aquí tamén segregase a hormona do crecemento ou somatotropina, que promobe o crecemento do óso.
        Ademáis almacena hormonas secretadas polo hipotálamo, como a vasopresina, hormona antidiurética, que controla a cantidade de auga excretada polos riles, incrementa presión sanguínea e a oxitocina que estimula as contraccións do útero e a excreción da leite polas glándulas mamarias.

 A glándula tiroides
      Está situada no pescozo e secreta as hormonas tiroideas, que son a tiroxina e a triyodotironina que estimulan a taxa da actividade metabólica, regulan o crecemento e a maduración dos texidos do organismo e actúan no estado de alerta física e mental.
        A tiroides tamén secreta unha hormona chamada calcitanina que disminue os niveis do calcio no sangue e inhibe a reabsorción ósea.

As glándulas paratiroides
       Localízanse xunto a tiroides. Secreta parathormona que regula os niveis sanguíneos de calcio e fósforo e estimula a reabsorción de calcio nos ósos.

O páncreas
       Contén grupos de células endócrinas denominadas illotes de Langerhans, que secretan insulina e glicagón. A insulina regula os niveis de glicosa en sangue e o glicagón aumenta os niveis de glicosa no sangue.

As glándulas suprarrenais
         Localízanse sobre os riles, e producen, na súa parte interna chamada medula; adrenalina en noradrenalina que estimula a actividade do corazón, aumentan a tensión arterial e actúan sobre a contracción e dilatación dos vasos sanguíneos e da musculatura.                                                                                                  Todas estas accións axudan ao organismo a enfrontarse a situacións de urxencia. A súa zona externa, a codia, elabora un grupo de hormonas chamadas glucocorticoides, que son esenciais para o mantemento da vida e a adaptación ao extrés.

As gónadas
      Os ovarios producen óvulos e secretan un grupo de hormonas denominadas estróxenos, necesarias para o desenvolvemento dos órganos reproductores e das características sexuais secundarias femininas.
        Os testículos conteñen células que producen espermatozoides e secretan hormonas masculinas chamadas andróxenos. A máis importante e a testosterona, que estimula o desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios, inflúe sobre o crecemento da próstata e as vesículas seminais.

O timo
        É unha glándula que está localizada a carón do corazón. A súa función é preparar linfocitos para loitar contra unha infección.